20% OFF shipping at tug-ottendorf-okrilla.de on orders over $79 + up to 10% OFF products
tug-ottendorf-okrilla.de
home > LADY SUSAN > LADY SUSAN
download picture
LADY SUSANTras o pasamento de Frederic Vernon, lady Susan, a sa viva, unha muller distinguida e fermosa mais tamn egosta e intrigante, encomeza a artimaar busca dun novo marido, quer para ela, quer para a sa filla de dezaseis anos, Frederica. Coa complicidade, os consellos e a axuda puntual da sa amiga Alicia Johnson ir dando conta epistolar de cada un dos seus pasos e estrataxemas cas de Charles e Catherine Vernon, os seus cuados. sa vez, esta ltima, en cartas
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

Tras o pasamento de Frederic Vernon, lady Susan, a súa viúva, unha muller distinguida e fermosa mais tamén egoísta e intrigante, encomeza a artimañar á busca dun novo marido, quer para ela, quer para a súa filla de dezaseis anos, Frederica. Coa complicidade, os consellos e a axuda puntual da súa amiga Alicia Johnson irá dando conta epistolar de cada un dos seus pasos e estrataxemas cas de Charles e Catherine Vernon, os seus cuñados. Á súa vez, esta última, en cartas cruzadas cos seus pais e co seu irmán Reginald (paulatina e perigosamente próximo a lady Susan), achega unha versión ben distinta das distintas peripecias.

Ao longo das máis de corenta cartas que intercambian, sobre todo, os De Courcy e os Vernon, Jane Austen subverte nesta enxeñosa e retranqueira obra de xuventude os códigos da novela romántica, cunha protagonista manipuladora e capaz de suxugar a quen se lle poña por diante para acadar un status vantaxoso.

Lady Susan publicouse en 1871, medio século longo despois de morrer Jane Austen e por decisión dun sobriño; con todo, é probable que a súa escrita date de finais do século XVIII. Por estilo e contido, anticipa os trazos que farían célebre a brillante autora inglesa no Reino Unido e en todo o mundo.

TRADUTOR/A:Alejandro Tobar

Jane Austen

Jane Austen naceu en 1775 en Steventon (Hampshire), parroquia do sur de Inglaterra na que o seu pai era reitor. A súa familia formaba parte da gentry, isto é, da burguesía agraria. Foi a sétima de oito irmáns, seis varóns e dúas mulleres; a outra rapaza era Cassandra, moi próxima á escritora, quen recibiría o seu legado.

Malia a súa curta vida, escribiu seis novelas longas de gran relevancia, así como catro pezas breves para nada menores e algunhas outras obras de mocidade nas que predomina o ton paródico e sentimental. Velaí as célebres Sense and Sensibility (1811), Orgullo e prexuízo (1813), Mansfield Park (1814), Emma (1815) e as póstumas Persuasión e Northanger Abbey. Tamén son póstumas outras máis breves e igualmente salientables, como a presente obra, Lady Susan, as inconclusas The Watsons e Sanditon, e mesmo a comedia costumista Love and Friendship.

Tras o marco cándido da narrativa de Austen, destaca a visión mordaz e irónica da sociedade xeorxiana na que lle tocou vivir. O seu talento e constancia deron lugar a unha prosa transparente e capaz de captar por igual, tanto xacando coma hoxe, o interese dos círculos académicos e mais o do gran público.

Tras anos enferma, non está claro de que (dun linfoma, de tuberculose ou –a hipótese se cadra con máis peso– dunha grave doenza suprarrenal), morreu en Winchester, no mesmo condado de Hampshire, a mediados de 1817.

OPINIÓN

Pouco e pouco, a biblioteca universal galega vai corrixindo graves eivas históricas. Unha delas era a presenza de novelas inglesas dos séculos XVIII e XIX, un elemento hoxe popular, grazas en parte á popularidade das adaptacións audiovisuais de obras deste período. Unha das raíñas daquel tempo é a inglesa Jane Austen, de quen agora podemos ler esta novela, publicada máis de sesenta anos despois da súa morte, pero seguramente composta cando tiña menos de 25 anos. Obra epistolar na que aparecen xa varios dos temas recorrentes na obra da autora: as convencións sociais, o status da muller na sociedade do seu tempo, estudo psicolóxico dos personaxes… Obra breve e chea de matices que fará as delicias dos lectores habituais de Austen.
César Lorenzo Gil. Biosbardia

_____

Editorial: Hugin e Munin 04-2024
Idioma: Galego

LADY SUSAN

Item no : 36419891750
sold recently : Login >>
US$ 24.85
Pay in 4 interest-free payments of $6.21 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jul 7 - Jul 12

Enjoy 20% off shipping

US$ 24.85

1-11

US$ 22.37

12-35

US$ 17.39

36-59

US$ 14.91

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches