Medea chegou a ser unha das traxedias máis valoradas xa non só do seu autor, senón do conxunto da traxedia grega clásica conservada. A día de hoxe, poucos estudos e poucas edicións omiten a etiqueta de “obra mestra” coa que se recoñece a Medea, unha traxedia na que Eurípides exhibe con amplitude o seu talento e os seus recursos como dramaturgo.
Eurípides foi un dos primeiros en conferirlle un protagonismo tráxico total a Medea, princesa meiga da Cólquide e filla do rei Eetes, que axuda a Xasón a conseguir os seus obxectivos e acaba casando con el. Nesta traxedia Eurípides buscou afondar no lado máis humano, visceral e violento do heroísmo tráxico.
En Heracles, Eurípides altera dun xeito significativo a materia mítica da que parte, subvertendo a orde dos acontecementos que era a habitual na tradición oral do mito. Como sucedía en Medea, un dos elementos máis estremecedores do conflito tráxico é un infanticidio, aquí tratado dun xeito probabelmente máis indulxente coa man executora de tal crime.
Eurípides
Eurípides (s. v a. C.) é o último dos tres grandes autores tráxicos gregos. Se ben no seu momento non gozou do recoñecemento unánime que saborearon en vida os seus célebres predecesores na traxedia, Esquilo e Sófocles, Eurípides si foi distinguido a posteriori como un dos autores máis revolucionarios e interesantes do seu xénero e do conxunto da literatura grega antiga. É, ademais, un dos autores do canon literario grego máis influentes, traducidos e comentados na literatura occidental posterior, logrando que as súas pezas tráxicas baseadas no mito se secularizasen e pasasen polas máis diversas lecturas e interpretacións, enriquecendo a súa achega ás letras universais.
/eh/2025-01-08/173633966714069467/picture.png)
/eh/2025-07-08/1751962110204480194/picture.png)
/eh/2025-06-21/1750485741321434291/Hi-Sign-in-My-Nihao.png)
/eh/2025-06-21/1750485837193896318/cart.png)
/eh/2025-06-21/1750485968202533847/cart.png)
/eh/2025-04-17/1744862476612819675/hot-img.png)











