20% OFF shipping at tug-ottendorf-okrilla.de on orders over $79 + up to 10% OFF products
tug-ottendorf-okrilla.de
home > CANTIGAS POPULARES > CANTIGAS POPULARES
download picture
CANTIGAS POPULARESA finais da dcada de 1970, Doroth Schubarth e Antn Santamarina percorreron Galicia recollendo os cantares populares de tradicin oral da boca dos seus intrpretes, que se reuniron nos sete volumes do Cancioneiro popular galego, o repertorio mis extenso da msica popular de tradicin oral galega, de onde se escolmaron estas Cntigas populares, agrupadas por xneros e tipos: unha abundante colleita que vn enriquecer a nosa tradicin cultural. Doroth Schubarth
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

A finais da década de 1970, Dorothé Schubarth e Antón Santamarina percorreron Galicia recollendo os cantares populares de tradición oral da boca dos seus intérpretes, que se reuniron nos sete volumes do Cancioneiro popular galego, o repertorio máis extenso da música popular de tradición oral galega, de onde se escolmaron estas Cántigas populares, agrupadas por xéneros e tipos: unha abundante colleita que vén enriquecer a nosa tradición cultural.

Dorothé Schubarth
Investigadora da música tradicional, autora do Cancioneiro popular galego, compositora e profesora
Dorothé Schubarth medrou no seo dunha familia protestante de clase media. O pai, Emil, foi matemático, e a nai, Anna Maria, mestra de Teoloxía e de frauta doce. Eles tocaban o piano e o clavecín a nivel amador, e crearon un ambiente musical no fogar. Dorothé, a terceira de seis irmáns, escolleu inicialmente o violín, mais problemas nunha das mans levárona a renunciar ao estudo do instrumento e orientarse cara á composición e á teoría musical. Tocaba tamén o piano e a frauta doce, e cantaba.
Inadaptada ao sistema escolar, abandona finalmente a secundaria para dedicarse por completo á música. Estuda musicoloxía en Basilea, musicoloxía e dirección coral en Múnic e composición en Salzburgo e mais en Colonia. En 1969 obtén o Diploma en Basilea como mestra de Teoría cun traballo de análise sobre o opus 4 de Alban Berg.

En 1971, Schubarth ingresa como profesora de Harmonía e Contrapunto na Akademie für Schul- und Kirchenmusik de Lucerna. Nestes anos estuda a música tradicional europea e realiza compilacións nos Balcáns e no Poitou, na Francia occitana. (Máis adiante, tamén en Turquía.) En 1977 realiza gravacións de campo en Andalucía e Valencia; un ano máis tarde publica en Lucerna o libriño Das Volkslied in Europa. Vielfalt seiner Erscheinungsformen e chega a Galicia.
Interesada principalmente no canto arcaico, Schubarth vese axiña atraída polas expresións musicais da Galicia rural, onde atopa trazos dese estrato antigo que desaparecera xa doutras rexións europeas. Acode aos cursos de lingua galega que en verán organizaba a Universidade de Santiago de Compostela e alí coñece o lingüista Antón Santamarina, que colabora con ela e a anima a emprender a compilación sistemática.

Tras unha fase de investigación inicial, para a que Schubarth contou cunha contribución institucional desde Suíza, é finalmente a Fundación Barrié de la Maza a que patrocina a realización do proxecto. A meirande parte do traballo de campo lévaa a cabo Schubarth entre 1978 e 1983. Hospédase en Santiago e viaxa polo país en autobuses de liña, a dedo e mesmo andando, por necesidade, aos lugares peor comunicados. Dorme en hostais e ás veces nas casas da xente que entrevista; non é raro que comparta as tarefas do fogar coas anfitrioas. Nas entrevistas, que se desenvolven sen guión previo, amósase próxima e sensible ás distintas situacións que vive. Neste tempo alterna as saídas ao campo coa transcrición de letras e músicas e a ordenación primeira do material. O reconto do material publicado déixanos os seguintes números: arredor de 100 concellos e 250 lugares distintos visitados, 600 informantes e preto de 2000 melodías.

Os sete volumes do Cancioneiro popular galego (CPG) publícanse entre 1984 e 1995. Asínaos Schubarth conxuntamente con Santamarina, quen revisa as transcricións, ordena os tomos das letras e achega compilacións previas. Os últimos volumes complétanse tras o regreso de Dorothé a Basilea en 1987. Tamén ven a luz en 1982, 1983 e 1991 tres pequenas escolmas, destinadas a un público máis amplo. Os tempos pasados en Galicia —as relacións persoais que espertaron durante a procura dos cantos, xunto co estudo e reflexión sobre a música— conformarán o nó central da súa carreira e deixarán unha fonda pegada na súa visión do mundo.

Schubarth entra a formar parte do International Council for Traditional Music a comezos dos anos 80 e intégrase nas actividades do seu Grupo de estudo sobre análise e sistematización con vistas a acometer do mellor xeito posible a clasificación do CPG. Os máis destacados especialistas europeos en corpus musicais nacionais compartían neste grupo os resultados das súas investigacións e discutían sobre problemas comúns. O que no fin de contas sería o derradeiro encontro do grupo celébrase en setembro de 1990 en Santiago de Compostela, no Instituto da Lingua Galega, con Schubarth e Santamarina como anfitrións.

Nas súas investigacións sobre o canto de tradición oral en Galicia, Schubarth describe os principais tipos melódicos, trata en detalle a relación entre letra e melodía, describe xéneros musicais, lanza hipóteses sobre a evolución destes e sobre as conexións coa música do resto da Península e de Europa e ordena sistematicamente as melodías, o que permite o seu rastrexo. A metodoloxía e conceptos que emprega, se ben afíns aos dos principais traballos centroeuropeos da súa clase, resultaban novidosos aquí. A escasa penetración previa da musicoloxía europea na Península, xunto coa progresiva influencia da escola antropolóxica estadounidense nos anos 80 e 90, explican en parte a escasa repercusión que o traballo de Schubarth tivo entre nós.

A colección Schubarth-Santamarina atopa en 1991 o seu primeiro acubillo no Phonogrammarchiv de Viena, onde se fai copia das casetes. A finais desa década chega ao recentemente creado Arquivo Sonoro de Galicia, onde se remata de dixitalizar o material. No ano 2014 complétase a cesión dos fondos sonoros e visuais orixinais e mais a documentación do CPG ao Museo do Pobo Galego.


Antón Santamarina Fernández

 (A Fonsagrada, 1942) es catedrático de Filología Románica. Fue secretario (1974-1986) y director de Verba (2010-2012); vicepresidente del Consello da Cultura Galega (1992-1997); secretario (1976-1991), director en funciones (1991) y director del ILG (1993-2004). Actualmente es secretario de la Comisión de Toponimia de la Xunta de Galicia desde 1979 y Académico Numerario de la Real Academia Galega desde 1998.

Sus intereses investigadores abarcan diferentes campos de la lingüística gallega. En el campo de la gramática, son relevantes sus estudios sobre la gheada, el verbo, el adverbio y las conjunciones que y ca. Con respecto a la planificación del corpus, participó en la elaboración de la normativa ortográfica y morfolóxica según las propuestas del ILG (Bases 1977) e ILG-RAG (Normas 1982 revisadas en 1995 y 2003); colaboró con M. González en las elecciones léxicas para el VOLGA y se interesó por la incorporación de las llamadas hablas exteriores al modelo literario gallego. En dialectología, codirigió con C. García el Atlas lingüístico galego (varios volúmenes publicados y outros de próxima aparición). También se ocupó de la situación social de la lengua, de la historiografía de la lingüística gallega, de la etimología, de la didáctica y de la onomástica.

Su campo de trabajo más relevante es la lexicografía. En este ámbito publicó el Diccionario de diccionarios y actualmente dirige el TILG. Además, está colaborando en la redacción del diccionario académico con la ayuda de este corpus.

Últimas publicaciones
“Saco Arce como gramático. Significado e pegada da súa obra”(link is external)
Antón Santamarina Fernández (2019): Gramáticos e gramáticas. Homenaxe a Juan Antonio Saco Arce. 150 aniversario da publicación da Gramática gallega, Rosario Álvarez (ed.), A Coruña: Real Academia Galega
"A Gramática de Saco no contexto da emerxencia destes estudos no seu tempo"
Antón Santamarina Fernández (2018): Homenaxe a Juan Antonio Saco Arce. 150 aniversario da publicación da Gramática gallega, Ourense, 22 novembro 2018
"Avances e tendencias actuais en lexicografía galega"
Ernesto X. González Seoane / Antón Santamarina Fernández.

Proxectos nos que participaT
esoro Informatizado de la Lengua Gallega (TILG) [IP]
Atlas Lingüístico Gallego (ALGa)
Fitofaladoiro

 ____

Editorial: Galaxia 03-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 264
MÚSICA
MÚSICA TRADICIONAL
CANCIONEIROS



CANTIGAS POPULARES

Item no : 65563804947
sold recently : Login >>
US$ 29.82
Pay in 4 interest-free payments of $7.46 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 22 - Jun 27

Enjoy 20% off shipping

US$ 29.82

1-11

US$ 26.84

12-35

US$ 20.87

36-59

US$ 17.89

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches